Paisaxe costeira galega ao solpor

Galería Desordenada

Paisaxes feitas á man con crebas, madeira reciclada e contas de vidro.

Ver as paisaxes

Galería Desordenada

Proxecto

Amamos a natureza, e daquela, tentamos preservala.

Galería Desordenada, é unha rebeldía fronte a invasión dos produtos do capital e as súas ferramentas máis agresivas como a intelixencia artificial, os excesos da produción en serie, o apagado cromático e a acumulación de lixo.

Galería como espazo cultural, Desordenada como a Natureza.

Este proxecto reproduce paisaxes mariñas en madeira, empregando materiais que chegan por azar e forxan a creatividade: crebas, tecidos, madeiras, vidros, pedras, refugallos…

Mediante a Bixutería con diferentes técnicas de tecido con contas de vidro, devolvemos a cor ás paisaxes e recreamos os seus elementos.

Todas as pezas están feitas a man e son únicas.

Recollida de crebas nunha praia

Galería

Paisaxes

Nesta Galería Desordenada podes atopar as paisaxes dispoñibles.

Actualizacións

Paseos

Novidades, pequenos vídeos, feiras, publicacións e pezas que xa atoparon casa.

Próximas feiras e eventos

Ver máis en Instagram ↗

Peza artesanal de Galería Desordenada ao solpor

Contacto

Contacto

Se tes interese en algún dos produtos podes contactar directamente comigo polo correo electrónico ou pola mensaxería do Instagram. Existe a posibilidade de encargas personalizadas.

Financiamento público

Este proxecto foi subvencionado coa seguinte axuda:

Axudas á promoción do emprego autónomo en Galicia · TR341D · 2025.

Cartaz das axudas á promoción do emprego autónomo en Galicia TR341D 2025, cofinanciadas pola Xunta de Galicia e a Unión Europea